A Unidade Militar de Emerxencias fará unha xornada de portas abertas en Noia dos seus medios de loita contra a contaminación medioambiental mañá mércores en Noia

A Unidade Militar de Emerxencias fará unha xornada de portas abertas en Noia dos seus medios de loita contra a contaminación medioambiental mañá mércores en Noia

Escrito el 19/02/2020


Unha unidade do Grupo de Intervención en Emerxencias Tecnolóxicas e Medioambientais (GIETMA) da Unidade Militar de Emerxencias (UME), composto por uns 70 efectivos, chegou hoxe martes a Noia, onde durante esta semana ten previsto realizar unha xornada de portas abertas e un exercicio de loita contra a contaminación medioambiental.

 

Así, para mañá mércores 19 de febreiro está prevista unha xornada de portas abertas na explanada de Labarta, onde a partir de mañá martes se irán instalando os postos do GIETMA. O acto comezará ás 17:00 horas cun acto de izado e homenaxe á bandeira, que dará paso a unha exposición de medios que estará aberta á veciñanza en horario de 17:30 a 19:00 horas.

 

Entre outros medios que poderán visitar os veciños e veciñas da comarca estarán:

  • a estación de descontaminación de persoal (EDP), que realiza un proceso de descontaminación completo (contaminación química, biolóxica ou radiolóxica) e que inclúe un control da contaminación inicial, zona de desvestido, ducha con descontaminante e posterior aclarado, control de la descontaminación, zona de vestido e filiación. Ten unha capacidade para atender a 60 persoas/hora.
  • a estación de descontaminación e evacuación (DEVAC), consistente nunha furgoneta en cuxo interior ten una ducha onde realizar o proceso de descontaminación, co apoio dos seus operadores. Anexo á mesma se desprega unha tenda para o proceso de control da contaminación e o desvestido do personal. Ademais despréga outra estación inchable para descontaminar ao personal con protección Categoría III, tipo 1 a/b/c e persoal que vaia en camilla.
  • a estación para descontaminación de múltiples vítimas, cunha capacidade para tratar a 400 persoas/hora.
  • a estación de descontaminación de material pesado (EDMP), con capacidade de descontaminar calquera tipo de vehículo (turismo, camión, autobús, incluso un helicóptero) incluíndo unha capacidade de descontaminación de superficies. Leva incluída unha estación de descontaminación para os condutores e tripulación dos vehículos.
  • a estación de descontaminación de material sensible (EDMS). Esta estación posúe a capacidade de descontaminar materiais incluso electrónicos, a través de diferentes procesos, así como a capacidade de descontaminación de interiores.
  • o Laboratorio de Identificación Rápida (LABIR) do GIETMA, un laboratorio de bioseguridade de nivel tres (BSL3) cunha capacidade de despregue que o fai único en España e que en 2018 recibiu o premio Excelencia da UME.
  • Material para a loita contra a contaminación medioambiental do GIETMA: barreiras de contención, barreiras seladoras, barreiras mixtas e barreras absorbentes, así como embarcacións para realizar o seu tendido. Tamén dispón de medios para realizar a extracción de hidrocarburos (Skimmer) e depósitos para o seu almacenamento (Easy tank 10000 l).

 

Exercicio

 

O venres 21 de febreiro terá lugar un exercicio consistente en executar unha operación para a xestión dunha emerxencia medioambiental provocada por un vertido de hidrocarburos a consecuencia dun choque de embarcacións fronte ao Porto do Testal. Durante o xoves 20 de febreiro se farán prácticas na mesma zona por parte das unidades participantes.

 

O suposto vertido procederá dun busque simulado por unha embarcación facilitada pola Confraría de Pescadores de Noia, de menos de 20 metros de eslora. A operación consistirá na  contención do vertido e á súa condución cara un lugar onde a CIMAD actuará con todos os medios de extracción de hidrocarburos, limpeza de beiras, recuperación de aves e descontaminación de material, vehículos e intervintes expostos ao público o mércores 19 de febreiro.

 

Noia foi a localidade elixida para a realización deste exercicio polo seu gran valor á hora de protexela dunha posible contaminación ambiental, xa que na súa ría se recolle aproximadamente o 75% do berberecho a nivel nacional, cun impacto económico moi importante para a zona.