COMEZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO TRAMO VIARIO ENTRE AS ROTONDAS DE AMAS DE CASA E PADÍN NA FACHADA MARÍTIMA DE RIVEIRA

COMEZAN AS OBRAS DE PAVIMENTACIÓN DO TRAMO VIARIO ENTRE AS ROTONDAS DE AMAS DE CASA E PADÍN NA FACHADA MARÍTIMA DE RIVEIRA

Escrito el 18/02/2020


Operarios da empresa Nemesio Ordóñez, S.A., iniciaron esta mañá os labores de pavimentación do tramo viario comprendido entre as rotondas de Amas de Casa e de Padín, ambas situadas na fachada marítima de Riveira.

 

Esta actuación está financiada por Portos de Galicia  en virtude do convenio subscrito o pasado 6 de novembro entre a súa presidenta, Susa Lenguas, e o alcalde de Riveira, Manuel Ruiz.

 

Coa recente remodelación do paseo do Malecón e este asfaltado, tan só quedará a proxectada reforma do paseo das Carolinas (que inclúe tamén a pavimentación do parque García Bayón, do que xa se renovou o seu parque infantil) para completar a renovación integral da fachada marítima de Riveira. A este respecto, cómpre lembrar que en relación á obras das Carolinas se está á espera da súa adxudicación definitiva.