MÁIS DE 500 ESTUDANTES DE PRIMARIA DE RIVEIRA CELEBRARON CON TEATRO O DÍA DE ROSALÍA

MÁIS DE 500 ESTUDANTES DE PRIMARIA DE RIVEIRA CELEBRARON CON TEATRO O DÍA DE ROSALÍA

Escrito el 18/02/2020


Máis de cincocentos rapaces e rapazas estudantes de primario en diferentes centros educativos do municipio conmemoraron hoxe o Día de Rosalía cun espectáculo teatral ofrecido por Xarope Lulú.

 

A función levou por título “Rilla Rilla” con dous pases no Auditorio ás 10 e ás 12 horas. Ao rematar o espectáculo realizouse unha pequena reflexión sobre a figura de Rosalía, lendo en común o seu poema “Cantarte hei, Galicia” de Cantares Gallegos, e rematando co “Parabéns para ti” como celebración deste especial aniversario.

 

Cómpre lembrar que o Día de Rosalía conmemórase cada 24 de febreiro, data do seu nacemento no 1837. Este ano decidiuse adiantar esta actividade educativa ao cadrar co Entroido, un período non lectivo.