ESTUDANTES DOS COLEXIOS DE AGUIÑO E CARREIRA VISITARON A EXPOSICIÓN “MIS ETAPAS” DO RECENTEMENTE FALECIDO MANUEL ROMERO

ESTUDANTES DOS COLEXIOS DE AGUIÑO E CARREIRA VISITARON A EXPOSICIÓN “MIS ETAPAS” DO RECENTEMENTE FALECIDO MANUEL ROMERO

Escrito el 18/02/2020


Máis de 120 estudantes dos colexios Heronías de Sálvora de Aguiño e de Primaria de Carreira asistiron esta mañá a sendas visitas guiadas polo Centro Cultural Lustres Rivas coa fin de coñecer a exposición “Mis Etapas” do noiés Manuel Romero, falecido hai uns días.

 

Elías Romero Tubío, estudante de Historia da Arte en prácticas no Concello de Riveira, foi o encargado de ofrecer esta visita guiada, que comprendeu unha primeira quenda con 76 alumnos do CEIP Heroínas de Sálvora e unha segunda con 47 rapaces do CEP de Carreira.

 

“Mis Etapas” consta de 23 óleos e 23 esculturas. A mostra aínda pode ser visitada ata o 29 de febreiro.