ADXUDICADA A IMPLANTACIÓN EN RIVEIRA DUN SISTEMA DE CARTELERERÍA DIXITAL INFORMATIVA

ADXUDICADA A IMPLANTACIÓN EN RIVEIRA DUN SISTEMA DE CARTELERERÍA DIXITAL INFORMATIVA

Escrito el 20/02/2020


O Concello de Riveira informa da adxudicación con carácter definitivo dunha actuación dirixida ao subministro, instalación, conexión, posta en servizo e explotación dun Sistema de Cartelería Dixital que persegue ofrecer á cidadanía información relevante sobre eventos, municipal e turística por medio de seis paneis de alta resolución, tres interiores e tres exteriores.

 

Esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Riveira.

 

Había sete propostas presentadas, resultando designada como adxudicataria a empresa Sistemas Audiovisuales Itelsis, S.L.. O prezo do contrato ascende a 102.668,50 euros, IVE incluído.

 

En virtude desta operación instalaranse un total de seis paneis informativos: tres no interior (da Casa Consistorial, do Mercado Municipal e do Polideportivo da Fieiteira) e tres no exterior (nas fachadas do Concello e da Sala Museo Municipal e no entorno da Oficinal Municipal de Turismo).

 

Alta resolución e gran formato

Trátase de paneis de información de alta resolución e gran formato, intelixentes e conectados “on line” mediante un reprodutor multimedia de contidos, capaz de transmitir fotos, vídeos, pdf, audio, redes sociais, páxinas html, etc… Estarán controlados mediante unha Plataforma Software de Control e Xestión de Contidos instalada en Cloud (nube).

 

Con este sistema preténdese: dispoñer dunha canle de comunicación para transmitir todo tipo de información sobre actividades culturais, campañas, eventos, feiras, lugares de interese para visitar… Do mesmo xeito, quere servir como un soporte para emitir información emanada dos propios cidadáns, como por exemplo eventos de asociacións, etc.

 

Empregados municipais recibirán a pertinente formación para a xestión deste novo servizo de información cidadá.