GRAN ACEPTACIÓN DAS DEGUSTACIÓNS DE PRODUTOS TÍPICOS DE ENTROIDO OFRECIDOS POLO ALUMNADO DO OBRADOIRO O POTE

GRAN ACEPTACIÓN DAS DEGUSTACIÓNS DE PRODUTOS TÍPICOS DE ENTROIDO OFRECIDOS POLO ALUMNADO DO OBRADOIRO O POTE

Escrito el 20/02/2020


A primeira das degustacións de produtos típicos de Entroido ofrecida polo obradoiro de emprego sobre cociña O Pote gozou de gran aceptación e foron numerosas as persoas que se achegaron ata a mesa situada no acceso do mercado municipal.

 

Guiados polo seu profesor Patxi Movilla, os quinte alumnos que están a cursar este taller formativo prepararon na Escola de Hostalería ubicada no segundo andar do edificio doces tan típicos como rosquillas, filloas, orellas ou flores que logo repartiron a pé de rúa Galicia para satisfacción dos transeúntes. Aproveitouse para proporcionarlles información sobre o contido e obxectivos deste obradoiro de emprego.

 

Mañá se repetirá a acción cunha nova degustación gratuíta no mesmo sitio de 11 a 12 horas.