Carmen Pomar coñece os programas educativos do CEIP Felipe de Castro (Noia)

Carmen Pomar coñece os programas educativos do CEIP Felipe de Castro (Noia)

Escrito el 19/02/2020


A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, visitou esta mañá o CEIP Felipe de Castro, na localidade coruñesa de Noia, onde coñeceu de primeira man os programas educativos que está a desenvolver o centro. Na súa visita estivo acompañada polo alcalde, Santiago Freire; as concelleiras de Ensino, Mariola López, e Deportes, Laura Salgado; e o director do centro, Francisco Lires.

 

O colexio noiés desenvolve este curso a liña 1 dos contratos-programa, REFÓRZA-T, que ten como finalidade mellorar o rendemento académico do alumnado con dificultades, por medio do traballo ou apoio organizado fóra do horario lectivo, para o que se dota aos centros de profesorado de reforzo. O obxectivo é garantir que este alumnado adquira destrezas básicas que lle faciliten a incorporación plena ao ritmo de traballo ordinario e ás esixencias das diferentes áreas e materias. Entre outras competencias, reforzaranse as destrezas matemática, en ciencia e tecnoloxía e en comunicación lingüística.

 

Así mesmo, o centro desenvolve desde o curso 2016/2019 en 5 e 6 de Primaria o proxecto de libro dixital da Xunta de Galicia, E-Dixgal, a través do que o alumnado participante dispón de manuais en soporte electrónico que son de balde para as familias. O CEIP Felipe de Castro está integrado ademais no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares (PLAMBE).

 

Pola súa banda, o alcalde, Santiago Freire, agradeceu o compromiso da Consellería co CEIP Felipe de Castro, “onde veñen de rematar unhas obras que melloran o illamento e a habitabilidade do colexio, así como unha pasarela que conecta o centro co polideportivo, que ademais permite actividades fora do horario escolar para clubs e entidades deportivas de Noia”.