O ESPAZO XUVENIL DE RIVEIRA ALBERGARÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE PROGRAMAS EUROPEOS ORIENTADOS Á MOCIDADE

O ESPAZO XUVENIL DE RIVEIRA ALBERGARÁ UNHA CHARLA INFORMATIVA SOBRE PROGRAMAS EUROPEOS ORIENTADOS Á MOCIDADE

Escrito el 26/02/2020


Este venres 28 de febreiro ás 19 horas, o Espazo Xuvenil de Riveira situado no primeiro andar do mercado vai albergar unha charla informativa sobre programas da Xunta de Galicia dirixidos á mocidade.

 

Entre outros temas, abordarase distintos programas europeos ou oportunidades en Europa tales como:

 

  • Campos de voluntariado internacionais
  • Galeuropa (Mobilidade Europea)
  • Corpo Europeo da Solidariedade
  • Como ir de intercambio con Erasmus Plus.

 

Iniciativa Xove

Ao remate tamén se falará do programa Iniciativa Xove, que permita aos mozos e mozas ter a oportunidade de poñer en marcha os seus proxectos cunha axuda de 5.000 euros.

 

A entrada é libre e gratuíta.