O VIVEIRO DE EMPRESAS DE RIVEIRA DARÁ CABIDA A UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O PLAN DE EMPREGO LOCAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

O VIVEIRO DE EMPRESAS DE RIVEIRA DARÁ CABIDA A UNHA XORNADA INFORMATIVA SOBRE O PLAN DE EMPREGO LOCAL DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Escrito el 26/02/2020


Logo da publicación o pasado 12 de febreiro no BOP da convocatoria de axudas PEL 2020 dentro do Plan de Emprego Local da Deputación da Coruña, o Viveiro de Empresas do Concello de Riveira ofrecerá o vindeiro 12 de marzo unha xornada informativa gratuíta impartida por un técnico da Fundación Ronsel.

 

A actividade terá lugar de 12 a 14 horas con este programa:

  • LIÑA PEL EMPRENDE INVESTIMENTO: Axudas para contribuír á consolidación e ao fortalecemento do tecido empresarial nos concellos da provincia da Coruña a través do apoio ao investimento en bens inventariables (ABERTO O PRAZO DE PRESESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 20/02/2020).
  • LIÑA PEL PEMES CREACIÓN E AMPLIACIÓN: Axudas á creación e ampliación do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRESESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020).
  • LIÑA PEL PEMES MANTEMENTO: Axudas ao mantemento do cadro de persoal de pequenas, medianas empresas e microempresas. (ABERTO O PRAZO DE PRESESENTACIÓN DE SOLICITUDES DENDE O 21/02/2020).

As persoas interesadas en asistir, poden formalizar a inscrición:

 

  • Por correo electrónico: orientacionriveira@riveira.com (indicando nome e apelidos, localidade de residencia e teléfono de contacto)
  • Por teléfono (no 981 87 14 97)
  • Presencialmente: no Viveiro de Empresas do Concello de Riveira (Fafián, 29 – antigo matadoiro municipal).