DEZANOVE OFERTAS PRESENTADAS ÁS OBRAS DE REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA ENVOLVENTE TÉRMICA DA CASA DA XUVENTUDE DE RIVEIRA

DEZANOVE OFERTAS PRESENTADAS ÁS OBRAS DE REFORMA E ACONDICIONAMENTO DA ENVOLVENTE TÉRMICA DA CASA DA XUVENTUDE DE RIVEIRA

Escrito el 27/02/2020


Un total de dezanove propostas foron presentadas ás obras para a reforma do interior e o acondicionamento da envolvente térmica da Casa da Xuventude, segundo se desprendeu na mañá de hoxe despois de que a mesa de contratación procedese á preceptiva apertura das ofertas.

 

Situado no cruce entre a avenida da Constitución e a rúa do Estatuto e cunha superficie construída de 743 metros cadrados distribuídos en tres plantas, o edificio rexistraba unha serie de eivas que era preciso subsanar e con tal motivo encargouse a elaboración dun proxecto técnico.

 

O documento inclúe a mellora das terrazas a través unha nova solución de illamento e impermeabilización, acabada en gres; mentres que para as fachadas adoptouse un sistema tipo SATE. Ademais, todas as fiestras serán substituídas por outra de aluminio.

 

En canto ao interior do edificio, cambiaranse as portas de paso, afectadas pola humidade, sanearanse as caras interiores (intradós) das fachadas e efectuaranse reparacións nas instalacións de electricidade e fontanería que o precisen.

 

O orzamento da actuación ascende a 307.000 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a 8 meses.

 

Proxecto técnico e documentación complementaria en:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=643965&OR=265&ID=801&S=C&lang=gl