LICITADO O REMATE E URBANIZACIÓN EXTERIOR DO CENTRO SOCIAL MULTIUSOS DE CARREIRA

LICITADO O REMATE E URBANIZACIÓN EXTERIOR DO CENTRO SOCIAL MULTIUSOS DE CARREIRA

Escrito el 06/03/2020


O Concello de Ribeira informa de que no día de hoxe venres se procedeu a licitar unha actuación consistente no remate e urbanización exterior do Centro Social Multiusos de Carreira.

 

De acordo co proxecto técnico elaborado polo estudio 2C Arquitectos, o que se pretende con esta obra é proceder ao remate das instalacións, revestimentos interiores e exteriores e carpintería interior, así como a urbanización do entorno mediante a demolición de parte dos muros e escaleira existentes para a construción dunha nova escaleira que comunicará os dous niveis do espazo público.

 

Neste senso, a infraestrutura, de 268 metros cadrados útiles de superficie, vai estar formada por dous volumes unidos, un dos cales consistirá nun local diáfano capaz de aloxar diferentes actividades da comunidade e o outro dará cabida a unha cafetería e aos servizos comúns.

 

O importe desta actuación ascende a 295.580 euros, IVE incluído, e o prazo de execución ascende a oito meses. As empresas interesadas dispoñen ata o 1 de abril por medio do Sistema de Licitación Electrónica da Xunta de Galicia (SILEX).

 

Proxecto e documentación complementaria:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=680736&OR=265&ID=801&S=C&lang=gl