Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Máis de 15.000 atletas de todas as idades participaron no Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña

Escrito el 06/03/2020


A deputada da área de Deportes da Deputación da Coruña, Cristina Capelán, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, participaron esta tarde no Pazo de Mariñán (Bergondo) no acto de entrega dos premios do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares.

 

A Deputación e Federación Galega de Atletismo colaboraron na organización das 30 probas do circuíto, que na súa sétima edición recalou nos concellos de

Oroso, O Pino, Mazaricos, Dumbría, San Sadurniño, Zas, Culleredo, Carballo, Cee, Tordoia, Muxía, A Laracha, Curtis, Ares, Cambre, Carnota, Ferrol, A Pobra do Caramiñal, Noia, Corcubión, Cabana de Bergantiños, Ribeira, Sada, Brión, Fisterra, Ames, Rianxo, Negreira, Boiro e Porto so Son

 

Entre os máis de 15.000 corredores que participaron nas carreiras, proclamáronse vencedores nas categorías absolutas masculinas  Amador Pena Torreira (Club O Pino), Juan Ávarez Cures (Club O Pino) e Rubén Insua Díaz (Club Sar- Vermú Petroni) , e nas femininas Rocío Alvite Ferriro (Sar), Natalia Rivas Suárez (O Pino) e Tina Fernández Barreiros (Sar). Asemade, foron premiados outro medio centenar de atletas que obtiveron as mellores puntuacións nas diferentes categorías, desde benxamíns ata veteranos.

 

No pódium por equipos, o Club Atletismo Sar- Vermú petroni (Comarca do Sar) resultou vencedor tanto da categoría absoluta masculina como da feminina. A clasificación masculina completárona o Club Atletismo O Pino (O Pino) e Noitebra (Santiago) mentres que o segundo e terceiro premio femininos recaeron en Atletismo O Pino e Club La Mochila del Deporte (A Coruña).

 

En canto ás categorías de menores, os galardóns para os equipos femininos foron para o Club de Atletismo Noia, Asociación Deportiva Olimpia e Triki Team, mentres que os equipos masculinos gañadores foron Triki Team, Santa Uxía e Atletismo Noia.

 

Cristina Capelán felicitou ás gañadoras e gañadores e agradeceu a gran participación coa que contaron todas as carreiras, así como a extraordinaria labor de organización e coordinación das probas que leva a cabo a Federación Galega de Atletismo, para posibilitar que no circuíto poidan participar o máximo número de concellos e de deportistas de todas as idades.

 

PRINCIPAIS PREMIOS

 

CATEGORÍA ABSOLUTA MULLERES

 

  1. Rocío Alvite Ferreiro (Sar)
  2. Natalia Rivas Suárez (O Pino)
  3. Tina Fernández Barreiros (Sar)

 

CATEGORÍA ABSOLUTA HOMES

 

  1. Amador Pena Torreira (O Pino)
  2. Juan Alvarez Cures ( O Pino)
  3. Rubén Insua Díaz ( Sar)

 

CLUBS ABSOLUTO FEMININO

 

  1. Atletismo Sar- Vermú Petroni
  2. Club Ateltismo O Pino
  3. Club La Mochila del Deporte- A Coruña

 

CLUBS ABSOLUTO MASCULINO

 

  1. Atletismo Sar Vermú Petroni
  2. Club Atletismo O Pino
  3. Noitebra

 

CLUBS MENORES FEMININO

 

  1. Atletismo Noia
  2. Asoc. Deportiva Olimpia
  3. Triki Team

 

CLUBS MENORES MASCULINO

 

 

      1.Triki Team

      2. Santa Uxía

      3. Atletismo Noia