DEZ ARTISTAS PARTICIPARÁN DENDE MAÑÁ NA CASA DO CONCELLO DE RIBEIRA NUNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA PROMOVIDA POLA GALERÍA O FAIADO

DEZ ARTISTAS PARTICIPARÁN DENDE MAÑÁ NA CASA DO CONCELLO DE RIBEIRA NUNHA EXPOSICIÓN COLECTIVA PROMOVIDA POLA GALERÍA O FAIADO

Escrito el 10/03/2020


Dez artistas van participar a partir de mañá mércores nunha exposición colectiva de pintura e fotografía organizada na Casa do Concello de Ribeira e promovida pola galería local O Faiado.

 

A mostra estará conformada por unhas corenta obras conformadas polos seguintes creadores: en pintura, Beatriz Martínez del Campo Ricoy, Antonio Pérez, Santarelli, Hugo Mario Pereira Bengua, Maralla e Novais; e en fotografía, Manuel Paz, Óscar García, María Porto e Olegario Sampedro.

 

A apertura está programada para mañá ás 13.30 horas e a exposición prolongarase ata o 30 de abril.