A POLICÍA LOCAL DE RIBEIRA EMPRENDE UNHA CAMPAÑA DE CONTROL DE CINTURÓNS DE SEGURIDADE E SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL

A POLICÍA LOCAL DE RIBEIRA EMPRENDE UNHA CAMPAÑA DE CONTROL DE CINTURÓNS DE SEGURIDADE E SISTEMAS DE RETENCIÓN INFANTIL

Escrito el 10/03/2020


A Policía Local de Ribeira está a emprender unha campaña de control de cinturóns de seguridade e sistemas de retención infantil nos vehículos.

 

Promovida pola Dirección Xeral de Tráfico, a campaña vaise estender ata o 15 de marzo de tal xeito que axentes se están a emprazar en diversos puntos do municipio para comprobar o uso entre condutores e ocupantes do cinturón de seguridade e, para nenos e nenas cunha estatura inferior a 1,35 metros, sistema de retención infantil debidamente anclado e homologado.

 

Cómpre lembrar que os estudos aseveran que un neno sen suxeición multiplica por cinco as posibilidades de sufrir lesións mortais e graves no caso dun sinistro, mentres que os cinturóns de seguridade poderían evitar practicamente unha cuarta parte dos mortos en accidente de tráfico que se rexistran hoxe en día en España.