Nova convocatoria do Certame Literario Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos"

Nova convocatoria do Certame Literario Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos"

Escrito el 10/03/2020


Nova convocatoria do Certame Literario Relato de Aventuras "Antón Avilés de Taramancos" que xa achega a súa XIX edición.
.
Dito Certame convócao o Concello de Noia en colaboración coa revista Casa da Gramática do IES "Virxe do Mar" de Noia.
 
Os interesados que queran remitir  o seu traballo teñen de prazo ata o 17 de abril de 2020, data límite.
O xurado emitirá públicamente o seu veredicto o día 15 de maio de 2020.
Establécese un único premio de 3.000 €, ademais dunha escultura conmemorativa do artista noiés Alfonso Costa e a publicación da obra gañadora. 
 
Os traballo terán que remitilos ao seguinte enderezo: Concello de Noia, rúa Rosalía de Castro 2, 15 200 Noia (A Coruña)
 
A obra, cunha extensión entre 70.000 e 100.000 caracteres, presentarase por cuadriplicado en exemplares separados, mecanografados por unha soa cara, debidamente grampados, cosidos ou encadernados sen firma e cun lema e utilizando o sistema de plica.
Poderán concorrer a este Certame todas as persoas maiores de idade, de calquera nacionalidade, cun único traballo en galego de temática libre que sexa inédito, encadrado no relato de aventuras.