AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIADO DE PROTECCIÓN CIVIL FORMARANSE EN RIBEIRA SOBRE RECICLAXE DE INCENDIOS URBANOS E INDUSTRIAIS

AGRUPACIÓNS DE VOLUNTARIADO DE PROTECCIÓN CIVIL FORMARANSE EN RIBEIRA SOBRE RECICLAXE DE INCENDIOS URBANOS E INDUSTRIAIS

Escrito el 09/03/2020


Baixo a organización da Academia Galega de Seguridade Pública da Xunta (AGASP), o municipio de Ribeira vai acoller o vindeiro 25 de abril un curso sobre reciclaxe de incendios urbanos e industriais dirixido a agrupacións de voluntariado de Protección Civil pertencentes a varios concellos.

 

Trátase dunha acción formativa descentralizada que promove a AGASP en territorios distintos á súa sede na Estrada.

 

Con dez horas de duración teórico-práctica, comprende catro módulos, con contidos sobre primeiros auxilios enfocados a este tipo de situacións, prevención de riscos laborais, etc… Integrantes do corpo de bombeiros e do GAEM (Grupo de Apoio e Emerxencias Municipal) formarán parte dos docentes do curso.

 

A intención é celebrar a parte teórica no viveiro de empresas de Ribeira e a práctica nas inmediacións do cercano complexo da Fieiteira.