BASES DA GALA DO DEPORTE 2020 DE RIBEIRA

BASES DA GALA DO DEPORTE 2020 DE RIBEIRA

Escrito el 10/03/2020


  1. Valoraranse os resultados e méritos deportivos obtidos durante o período comprendido entre ó 1 de xaneiro e o 31 de decembro do 2019.

 

  1. Os premios e recoñecementos que se outorguen axustaranse aos seguintes apartados:

 

    1. Mellor Deportista Masculino
    2. Mellor Deportista Feminina
    3. Mellor Deportista con discapacidade
    4. Mellor Deportista Masculino sub – 18 (nados no ano 2002 e posteriores)
    5. Mellor Deportista Feminina sub – 18 (nados no ano 2002 e posteriores)
    6. O labor técnico
    7. Equipo de competición destacado
    8. Mellor Club
    9. Mencións Especiais

 

  1. Os nominados nos apartados A,B,C,D,E,F deberán ser nados/as en Ribeira, ou con residencia legal no Concello con data anterior a 1 de xaneiro de 2015.

 

  1. Os gañadores dos apartados A,B,C,D,E,F,G e H recibirán unha réplica do trofeo León de Padín, recibindo os finalistas un diploma acreditativo.

 

  1. O xurado estará composto polo Concelleiro Delegado de Deportes, e un mínimo de catro vocais máis elixidos por este, entre deportistas, técnicos e demais persoas vinculadas o deporte local.

 

  1. Os clubs, calquera cidadán, institución ou asociación, poderán así mesmo propoñer a unha ou varias persoas para que sexa recoñecida a súa labor, sexa pola súa traxectoria deportiva, directiva, ou polo seu apoio ó deporte en xeral desde casqueira ámbito de actuación.

 

  1. Calquera persoa ou entidade poderá propoñer candidatos a estes premios ata o 31 de marzo de 2020, mediante presentación de instancia no rexistro xeral do Concello de Ribeira, ou por correo electrónico á dirección deportes@riveira.com.

 

  1. Todos os clubs recibirán cinco invitacións para esta gala. A cada nominado/a individual ou club se lle concederán 4 invitacións máis.

 

  1. A Gala do Deporte  celebrarase no Auditorio Municipal de Ribeira  en data a decidir do mes de abril.