O Concello de Lousame apraza a II Xuntanza de Maiores prevista para este domingo

O Concello de Lousame apraza a II Xuntanza de Maiores prevista para este domingo

Escrito el 11/03/2020


O Concello de Lousame decidiu aprazar a II Xuntanza dos Maiores de Lousame como medida de precaución e seguindo as recomendacións das autoridades sanitarias para previr a propagación do coronavirus COVID-19. Unha xuntanza inicialmente  programada para este domingo 15 de marzo, ás 14:00 horas, no restaurante Trapeiro.

 

Nestas últimas horas o Concello de Lousame se puxo en contacto coas máis de 300 persoas anotadas para a II Xuntanza dos Maiores para informarlles do aprazamento da actividade, que se retomará máis adiante.