O Concello de Noia acorda o peche temporal do Club de Xubilados e a suspensión de todas as actividades programadas dende hoxe xoves

O Concello de Noia acorda o peche temporal do Club de Xubilados e a suspensión de todas as actividades programadas dende hoxe xoves

Escrito el 12/03/2020


O Concello de Noia vén de acordar o peche temporal das instalacións do Club de Xubilados de Noia, emprazadas na Praza do Tapal número 8, a partir de hoxe 12 de marzo como medida de prevención fronte ao avance do Coronavirus COVID-19. Unha decisión que inclúe a suspensión de todas as actividades programadas polo Concello de Noia nestas instalacións ata novo aviso.

 

O Concello de Noia tomou esta decisión co obxectivo de evitar situacións de risco para as persoas maiores diante do avance do COVID-19 no país nos últimos días e, sobre todo, tendo en conta que son un dos principais grupos de risco nesta enfermidade. Unha decisión tomada por Resolución da Alcaldía e que foi trasladada ao Club de Xubilados de Noia e publicada na porta da instalación municipal. Así mesmo, darase conta da resolución ao Pleno da Corporación Municipal na próxima sesión plenaria.