A Deputación aproba novas medidas para a contención do coronavirus

A Deputación aproba novas medidas para a contención do coronavirus

Escrito el 13/03/2020


A Deputación da Coruña aprobou hoxe novas medidas organizativas para frear a propagación do Coronavirus (Covid-19). Tras as reunións da comisión de seguemento e do comité de seguridade e saude, o Goberno provincial decidiu aprobar, entre outras, as seguintes medidas, complementarias ás anunciadas onte:

Atención ao público

Nos servizos de atención ao público priorizarase a atención telemática e telefónica.

Para os casos nos que sexa inevitable a atención presencial, adoptaranse as medidas para redución de riscos (cita previa, quendas de atención, distancias de seguridade…)

Ampliaranse as medidas de información e prevención nos edificios provinciais. Estableceranse quendas de ventilación dos edificios e extramaranse as medidas de limpeza e prevención.

Peche temporal de centros educativos e culturais

Seguindo as indicacións da Xunta de Galicia, pecharán durante o tempo que determinen as autoridades competentes os centros educativos dependentes da Deputación (IES Puga Ramón e IES Calvo Sotelo) e a Biblioteca Provincial.

Pecharán tamén temporalmente os espazos expositivos dependentes da Deputación que acollen turistas e visitantes: Mosteiro de Caaveiro, Dolmen de Dombate, Pazo de Mariñán, Torres do Allo, Castelo de Vimianzo, Batáns de Mosquetín, Forno do Forte, Centro Etnográfico de Curtis e Centro de interpretación da natureza de Coirós.

Reunións de traballo

Na medida do posible evitaranse as reunións traballo e suspendense as que impliquen desprazamentos a outras localidadades. Fomentarase o uso do videconferencia.

 

 

 

Viaxes

Pospóñense todas as viaxes que se non sexan imprescindibles para a normal prestación de servizos esenciais.

Teletraballo

En supostos xustificados facilitase aos empregados da Deputación o uso de modalidades non presenciais de traballo (teletraballo) co obxectivo de garantir a prestación dos servizos públicos.

Consideraranse colectivos prioritarios os traballadores/as que se atopen en réxime de illamento domiciliario preventivo, pertencentes a colectivos de risco (cancro, enfermidades cardiovasculares, embarazadas…) ou persoas con menores o maiores a cargo

Plenos

Os plenos desenvolveranse a porta pechada e limitados a un máximo de 50 persoas

Seguimento

Realizarase un seguimento diario destas medidas e do funcionamento dos diferentes servizos, adaptando e coordinando as mesmas segundo as necesidades e protocolos establecidos polo Goberno de España e a Xunta de Galicia.