Os servizos de atención ao público da Deputación funcionarán exclusivamente por vía telefónica ou telemática

Os servizos de atención ao público da Deputación funcionarán exclusivamente por vía telefónica ou telemática

Escrito el 16/03/2020


A Xunta de Goberno da Deputación da Coruña reuniuse hoxe para adoptar novas medidas de contención ante a crise sanitaria do Covid-19.

Na reunión, presidida polo titular da institución provincial, Valentín González Formoso, informouse da situación tras as medidas adoptadas nos últimos días, que incluiron o peche dos centros educativos, culturais e etnográficos dependentes da Deputación e a implantación de protocolos e do  teletraballo para limitar ao mínimo imprescincible a presenza física do funcionariado na sede da institución, agás os servizos esenciais e persoal directivo.

Na reunión de hoxe decidiuse que os servizos de atención ao público da Deputación funcionarán só por medios telefónicos e telemáticos, co fin de evitar situacións de risco de contaxio para a cidadanía.

O Goberno provincial lembra que, en aplicación do Real Decreto 462/2020 polo que se decreta o estado de alarma, suspéndense todos os prazos para a tramitación de procedementos da Deputación da Coruña e do conxunto das entidades do sector público municipal. O cómputo dos prazos reanudarase no momento en que perda vixencia este acordo ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo

A Xunta de Goberno decidiu ademáis suspender as reunións dos órganos colexiados de carácter ordinario, agás os que podan ter que reunirse para aprobar medidas ante a evolución da situación actual. Así, a Deputación suspende  temporalmente as comisións informativas e o pleno ordinario correspondente ao mes de marzo.

O presidente provincial agradeceu aos traballadores e traballadoras e os distintos grupos políticos da Deputación a súa colaboración para garantir o funcionamento da administración nunha situación excepcional como a que estamos a atravesar.

 

Teléfono Deputación: 981 080 300

Email: deputacion@dacoruna.gal

Sede electrónica da Deputación

https://sede.dacoruna.gal

Oficina Virtual Tributaria

https://www.dacoruna.gal/servizos-tributarios/oficina-virtual/