A Deputación cede as instalacións do Centro Calvo Sotelo para ubicar parte dos efectivos do parque de bombeiros da Coruña

A Deputación cede as instalacións do Centro Calvo Sotelo para ubicar parte dos efectivos do parque de bombeiros da Coruña

Escrito el 17/03/2020


A Deputación cede as instalacións do IES Calvo Sotelo para reubicar alí a parte dos efectivos do parque de bombeiros da Coruña.

 

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, vén de asinar esta mañá unha resolución pola que a institución provincial cede temporalmente ao Concello da Coruña parte das instalacións do IES Calvo Sotelo, na rúa Archer Milton Huntington, para ubicar alí unha dotación do parque de bombeiros da Coruña, co obxectivo de non concentrar nun único emprazamento físico todos os efectivos e garantir así un adecuado servizo á cidadanía durante a crise santiaria do coronavirus.

 

Dous camións dos bombeiros coruñeses estarán desprazados ao Calvo Sotelo, onde se habilitarán tamén seis estancias da residencia para os profesionais, que poderán ser ampliadas a demanda do Concello da Coruña en función das necesidades futuras.

 

A Deputación seguirá levando a cabo todas as medidas de colaboración institucional ao seu alcance para contribuír a paliar os efectos da actual crise sanitaria.

 

Neste sentido, o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, conversou telefónicamente esta mañá con numerosos alcaldes e alcaldesas da provincia para coñecer a situación e necesidades de cada municipio e cómo a Deputación pode axudar en cada caso.