Deportes 15 de abril

Deportes 15 de abril

Publicado el 15/04/2019
01:09:30 | 411 visualizaciones

Uff, mira que fixemos cousas esta semana...
Empezamos sendo testigos de como o Mazaricos CF facía historia e se proclamaba Campeón da Liga da Costa frente a un fenomenal Corme CF e ascendía a 1ª. Lóxicamente fixemos entrevistas a varios xogadores: Alejandro Torrado (Corme CF), Fran Pose, Ismael Pedrosa (Piki), Miguel Rodríguez, Rober Amoedo (Mazaricos CF) e, incluso ao Alcalde da localidade Juan José Blanco. Unha Festa:-D
Logo resultados do resto de equipos de fútbol da zona.
Continuamos co Polideportivo: Voleibol, fútbol sala, e a presentación do II Triatlón Mar de Muros Trofeo Iván Raña, con entrevistas ao propio Iván Raña, a Ezequiel Mosquera, a Tono Uhía (edil de deportes) e a María Xosé Alfonso (Alcaldesa de Muros). Non vos pedades, acto seguido, a gran Carreira dos Calexóns que correu Manu Lago e un montón de atletas máis polas rúas de Muros.
E o que non podería faltar e unha nova edición de Estudio Eladio, como sempre creando escola, un dos programas máis seguidos e que moita xente ten aunténtica ansiedade esperando ao luns para poder ver o novo episodio, parece Xogo de Tronos. Nesta ocasión Baslio Dosil Pedrosa e Eladio Cubelo Fernández ensinaron táctica dende o Hostal Montreal en Outes, como sempre con moi bos alimentos de por medio, claro, que pensar tanto desgasta ;-D