23/01/2020
Manoli Filgueira, Dalia Cao (desde Fitur, "Caminando la Ría de Muros-Noia"
Conectamos con David Bello, que se atopa en Fitur, e el puxonos en contacto con Manoli de Senda XXI e Dalia do Clube Montaña Abrakdabra. Elas, xunto cos alcaldes e alcaldesas da comarca están a promocionar a Ría da Estrela e tamén a nosa potente oferta no Sendeirismo.
play_arrow
Play
20/01/2020
O Padre Eladio entra en directo para pornos mornos ca última hora dos realitis de telecinco
Logo dun gran santoral e un xeroglífico pelín indescifrabilillo entrou en directo o Padre Eladio para ternos ó tanto do que pasa en "La isla de las tentaciones" e "Gh vip el descuento", programas de visión obrigada se queren algún día acadar o coñecemento omnisciente
play_arrow
Play
17/01/2020
Gran santoral e mellor salmo do Padre Eladio e campal ristra de chistes que mandou Mino
O Padre Eladio xa non viña solo, vaia santoral lle largou e vaia salmo sobre a Vírgen María.
play_arrow
Play
16/01/2020
Danny Leyva falanos do seu novo traballo: "Lo entenderás"
O cantante mallorquín afincado en Galicia Danny Leyva fala connosco no matinal acerca do seu novo éxito: "Lo entenderás", tamén repasamos con el a súa traxectoria e falamos dos obxetivos e proxectos futuros.
play_arrow
Play
15/01/2020
Cándido Pazó (director de "O Electo", obra teatral que este sábado representa en Muros Contraproducións)
Falamos con Cándido Pazó, un dos grandes das nosas artes escénicas: actor, director, guionista, monologuista... Cándido dirixe "O Electo", que podedes disfrutar este sábado na Casa de Cultura de Muros, da mao da compañía Contraproducións, paga a pena ir, iso está garantido.
play_arrow
Play
10/01/2020
Álvaro Fernández ( Festival Castelo Rock 2020)
Alvaro Fernández, presidente da equipa organizadora do Festival Castelo Rock, avanzanos información arredor da edición 2020. Sen estar pechado o cartaz, o xa confirmado tira de un bravamente; 24 e 25 de xullo Muros será capital mundial do rock. Grande traballo.
play_arrow
Play
09/01/2020
O cantante canario Rubén Dizá preséntanos o seu novo traballo: "Túmbala"
Rubén Dizá, cantante moi vencellado a Galicia polo seu pasado na orquestra Armonía Show, preséntanos o seu novo éxito: "Túmbala (On fire)". Repasamos tamén con el a súa traxectoria.
play_arrow
Play
08/01/2020
Seguimos analizando o novo governo con David Bello que falou en positivo e Eladio Cubelo que prevee a apocalipse
Durísimos alegatos verqueu contra Pedro Chancho o Padre Eladio, iso sí, tamén nos recitou un santoral e un salmo inintelixibles.
play_arrow
Play
07/01/2020
Basilio ( o noso analista político) avalía a sesión dinvestimiento no Ontamiento do candidato Pedro Chancho
Basilio Dosil, analista político contrastado, avalía a sesión dinvestimiento no Ontamiento do candidato Pedro Chancho. Na política non valen conachadas que os políticos da nazóm som umha coisa moi seria; obramos en consecutive.
play_arrow
Play
27/12/2019
Dalia Cao (Senda XXI- "Último Chapusón do Ano"
Dalia Cao danos detalles do "Chapusón San Silvestre" que vos podedes dar na praia das Gaviotas o día 31. Non vai haber mellor maneira de despedir o ano.
play_arrow
Play
24/12/2019
Especial Noiteboa. María Moledo (Sidra Val do Traba)
María Moledo ábrenos as portas de Sidra Val do Traba, empresa familiar que leva os seus productos por toda a península. Distintas sidras, mostos, doces... Nestas datas é moi boa idea disfrutar dos productos Val do Traba.
play_arrow
Play
20/12/2019
Manel Deán (Esta fin de semana Porto do Son acolle a VIII Carreira Sin-Son)
O concelleiro sonense Manel Deán achéganos a última hora da Carreira Sin Son, debido ás previsións meteorolóxicas a proba de escolares vaise disputar o domingo. A feira do Corredor mantense na xornada sabatina. Toda a información nas páxinas Sin-Son 10k e Concello de Porto do Son.
play_arrow
Play
19/12/2019
Álvaro Creo (Carrilanas Esteiro; novas informacións en relación á edición 2020)
Álvaro Creo, "Cachiño", voceiro da equipa organizadora do Grand Prix  de Carrilanas de Esteiro, fálanos de novidades para a vindeira edición e outras cuestións de interese en relación cunha proba que enorgullece a Esteiro e a toda a Barbanza. Confirmados xa primeiros espadas no cartaz do concerto de balde na noite do sábado 18 de xullo: Xoel López, Ortiga, The Rapants... e irá medrando.
play_arrow
Play
18/12/2019
Abel Tomé (presenta este sábado en Outes a súa novela "A noite do lobo"
O xoven novelista de Cando Abel Tomé presenta en Outes este sábado o seu novo libro: "A noite do lobo" ven de gañar o premio Illa Nova de Narrativa 2019. Abel regálanos unha interesante conversa arredor do libro e tamén da escritura, da súa traxectoria, temos ahí un xenio á porta da casa.
play_arrow
Play
16/12/2019
Mingos Abeijón (Festas en Abelleira, venres 27 de decembro)
Mingos Abeijón, voceiro da Comisión de Festas de Abelleira, falanos da festa do patrón da parroquia, San Estevo. Festa que con verbena nocturna non facían desde moi bifor. No vran abondan verbenas, pero nestas datas e no máxico recinto de Ventín e cousa de non se perder.
play_arrow
Play
12/12/2019
Ramón Leis (concerto este sábado da Escola de Musica Moderna de Porto do Son)
Ramón Leis, profesar da Escola de Música Moderna de Porto do Son, falanos do concerto que os alumnos-as van a dar este sábado na Casa de Cultura sonense, paga a pena ir, non teñades dúbida. Ademais coñecemos a Escola de portas para dentro e as múltiples e interesantes opcións de aprendizaxe que ofrece.
play_arrow
Play
11/12/2019
Manel Deán (VIII Carreira Sin-Son, 22 de decembro 2019)
O edil sonense Manel Deán achéganos a última hora e as últimas novas en relación coa Carreira Sin-Son. Aínda quedan prazas pero se queres participar debes darte presa. Xa sabes que tes toda a info na web sin-son10k.com e na páxina de facebook con idéntica nomenclatura.
play_arrow
Play
10/12/2019
Laura Alonso Padín (soprano na Ópera "La Traviata", 21-12-19, Liceo de Noia)
A soprano vilagarciana Laura Alonso (Violetta Valeri en "La Traviata") ábrenos as fiestras da ópera e anímanos a disfrutar de este clásico de Giuseppe Verdi o día 21 na Sociedade Liceo de Noia. Non poderás saber si a ópera che agrada ou non mentres non teñas ido a algunha. O 21 tes unha fantástica ocasión.
play_arrow
Play
05/12/2019
Especial dende o Treff, co mago Charly Braun, Juan, Rocío e algún cantante espontáneo
Bueno, pois, divertido programa dende o Café bar Treff de Noia co increíble e simpatico mago Charly Braun; cómo no, co propietario do local, Juan Lorenzo;  Víctor León; e Rocío e Manuel Lustres, un dúo de hermanos que fixeron a "traca final".
play_arrow
Play
05/12/2019
Juan Pouso (Carreira Sin-Son; cartel Nadal), José Martínez (festa en Caamaño)
Abrimos con José Martínez, membro da Comisión de Festas de Caamaño, sancristán de Caamaño... practicamente lendakari de Caamaño. El nos fala da festa de esta fin de semana e, co seu habitual bo humor, de asuntos eclesiásticos e da mítica Banda de Música de Caamaño, fundada no 1912.
play_arrow
Play
04/12/2019
Sindo Gandarela, Galicia Senderismo (Andaina do Iroite este sábado)
Sindo Gandarela, de Galicia Senderismo, danos detalles da andaina que teñen preparada para este sábado subindo ó Iroite e percorrendo paraxes maxestuosas, son 20 km de dificultade media.
play_arrow
Play
03/12/2019
Samuel Rapante (novo traballo de The Rapants; "Cariña de raposo")
Samuel "Rapante", frontman de The Rapants, falanos do novo traballo do grupo muradán: "Cariña de raposo", non vos perdades tampouco a explicación de por qué escolleron ese nome para o disco. Aínda lle botamos unhas risas con el mentras falabamos de este novo traballo que vos recomendamos.
play_arrow
Play
02/12/2019
Como cada luns, andamos espíricos
A golpe de luns, ímolle na fura de diante, envenenaos, na llama, ca rabia no buso, on fire, raudos coma a polvora no lume
play_arrow
Play
29/11/2019
Os dous Eladios sembraos: o de Namibia entrando en directo desde alá e o Padre Eladio cun salmazo recapechispeante
Houbo que chamar a Namibia porque nos dixeron que Eladio de Barro casaba, o tipo falounos en directo e deixou patuda: saiban entre outras xoias dunha suculenta mexilloada feita con catro latas de mexilón en escabeche.
play_arrow
Play