Programa especial dende o Restaurante Troita (Praia de Boa)
play_arrow
01/08/2019

Programa especial dende o Restaurante Troita (Praia de Boa)

Programa especial dende o bar restaurante Troita, na praia de Boa grande, en Noia coa presenza estelar do Padre Eladio. Aclarar que o Troita non é un chiringuito de praia, é un restaurante cunha cociñeira espectacular, facendo auténticas delicias, que está na praia. E cómo non, falamos da desgutación de hoxe ca propia Chef, Isabel Paiva, que nos fixo un bacallao con natas increíble, que todo o mundo que queira poderá degustar ata o domingo pasándose por alí e, tamén preparou o bacallao co que recibiu o cuarto premio nun concurso internacional de cociña en Bérgamo (Italia), exquisito.



Falamos tamén de motos pola XII Concentración Motera Ría de Noia dos días 9, 10 e 11 de agosto en Noia, Agapito desmenuzou o programa no que hai comilonas, rutas, a exhibición de "Stunt" con Plácido Pérez e moitas cousas máis.

Tedes o programa xusto aquí debaixo.