Yanira Somoza (Noia Histórica), Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso, Fabián Saavedra
play_arrow
25/10/2019

Yanira Somoza (Noia Histórica), Colexio Alexandre Rodríguez Cadarso, Fabián Saavedra

Hoxe estuvemos facendo o programa dende o colexio Alexandre Rodríguez Cadarso de A Barquiña (Noia) e falando con profesores e alumnos con motivo da Carreira Solidaria en favor da investigación contra a Leucemia Infantil.

Compartiron micrófono con nós a recén nomeada presidenta de Noia Histórica Yanira Somoza e a concelleira de comercio e educación, entre outras cousas, de Noia, Mariola López Cierto, para falarnos do Sábado Negro.

Tamén entrou no programa Fabián Saavedra, da organización da Feira de Vehículos de Ocasión de Amio, que se celebra estes días.