Embarrancamento do cerqueiro portosinense "Divina del Mar"
play_arrow
12/11/2019

Embarrancamento do cerqueiro portosinense "Divina del Mar"

O matinal de hoxe non transcurreu polos habituais derroteiros de humor e surrealismo. Lamentablemente a actualidade obrigounos á informar da traxedia do "Divina del Mar", cerqueiro de Portosín que embarracou nunhas rochas fronte a Baroña e a consecuencia un mariñeiro natural do Obre faleceu.

Falounos o compañeiro Ton Lorenzo e achegounos unhas declaracións do presidente de Acerga. Tamén tivemos as informacións que desde o lugar da desgracia nos deu o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo Pouso.

As nosas mais sinceras condolencias ós familiares, amigos e a toda a xente do mar.