Os dous Eladios sembraos: o de Namibia entrando en directo desde alá e o Padre Eladio cun salmazo recapechispeante
play_arrow
29/11/2019

Os dous Eladios sembraos: o de Namibia entrando en directo desde alá e o Padre Eladio cun salmazo recapechispeante

Houbo que chamar a Namibia porque nos dixeron que Eladio de Barro casaba, o tipo falounos en directo e deixou patuda: saiban entre outras xoias dunha suculenta mexilloada feita con catro latas de mexilón en escabeche.

O outro Eladio, o Páter, pintouna bonita co santoral, pero resarceuse a renglón seguido cun salmo tan xenuíno como indescifrable, vese que de primeira hora pola mañán xa non ía so.