Carlos Outeiral (Asociación Veciñal Feira dos Carros, Cando-Outes)
play_arrow
29/01/2020

Carlos Outeiral (Asociación Veciñal Feira dos Carros, Cando-Outes)

Carlos Outeiral, da Asociación Veciñal Feira dos Carros de Cando, falanos das festas que organizaron e arestora están a celebrarse na parroquia do concello de Outes; festas na honra a San Tirso de Cando, velahí vos deixamos tamén o cartaz. Aproveitamos para coñecer un pouco mais da mao de Carlos esta asociación e a actividade que desenrola ó longo do ano.

Foi un programa de media hora nada mais debido a un corte eléctrico, non dou a moito, pero ademais de falar con Carlos deunos na volta de escoitar un brilante santoral perpetrado polo Padre Eladio e unha primeira aproximación á última hora de La Isla de las Tentaciones, programa que o páter visiona día e noite ó tempo que se entrega ó vicio de Onán. Mañán botamos enteiras as reflexións que hoxe nos mandou e non houbo tempo para as difundir. Supercraso erro do copón, of cors.