Álvaro Creo (proxecto "Sentir a Carrilana" - Grand Prix 2020)
play_arrow
03/02/2020

Álvaro Creo (proxecto "Sentir a Carrilana" - Grand Prix 2020)

Falamos hoxe con Álvaro Creo, voceiro do equipo organizador do Grand Prix de Carrilanas de Esteiro, acerca dun proxecto admirable que de seguro engrandecerá aínda mais esta celebración sobranceira no vran galego: "Sentir a Carrilana é unha iniciativa pola cal rapaces e rapazas con deficiencia visual (total ou parcial) poderán baixar conducindo unha carrilana adaptada  e sentir esa inenarrable sensación entre a ovación da multitude. Todos podedes colaborar para recadar os cartos necesarios para a fabricación de catro carrilanas adaptadas; Álvaro explícanos todo con detalle. A XXXI edición do Grand Prix promete seguir superando o seu xa de por sí elevado listón, camiño do recoñecemento de Festa de Interese Turístico Nacional que o certame ven merecendo fai xa uns anos. Aporta o teu grao de area!!