No matinal de hoxe emitimos en directo a presentación de "Noia Portus Apostoli na Escola" e a audiencia enviou grandes chistes
play_arrow
12/02/2020

No matinal de hoxe emitimos en directo a presentación de "Noia Portus Apostoli na Escola" e a audiencia enviou grandes chistes

Emitimos en directo no matinal Sol y Sombra a presentación do proxecto "Noia Portus Apostoli na Escola". Presentouse esta mañá no colexo Jaime Balmes e levará a adestradores e xogadores do clube por distintos centros educativos da contorna. Escoitamos a Javi Barreiro, director deportivo e ás concelleiras Laura Salgado e Mariola López.

A audiencia mandou hoxe unha récua de chistes con moita sustancia, e o Padre Eladio falou do humano e do divino, pero non falou da patada no cu de Susana a Gonzalo na ínsula das tentacións, nos sí o fixemos, para iso somos xente con estudios