Día Mundial da Radio; David Noya ("Galicia en Goles"-Radio Galega)
play_arrow
13/02/2020

Día Mundial da Radio; David Noya ("Galicia en Goles"-Radio Galega)

No Día Mundial da Radio falamos co fenómeno radiofónico das últimas catose centurias: David Noya, "O Home-Lesma de Coirós", dalle un airiño de festa ó Galicia en Goles da Radio Galega (os compañeiros vanse botar a el que fala do campo da Cheda e non sabe que equipa xoga alí). David falanos da súa experiencia na radio, e da película "Los Amigos" que esta fin de semana se proxecta en Santiago e vos recomendamos un ferrado.

Os ouvintes sodes hoxe protagonistas coas vosas aportacións, nun día así é a vos a quen compre felicitar, por sufridos-as, carano!!!