José M. Martínez (Noia Histórica: Feira do Comercio), Constantino Freire "Pío" (Historias de Taxi)
play_arrow
28/02/2020

José M. Martínez (Noia Histórica: Feira do Comercio), Constantino Freire "Pío" (Historias de Taxi)

José Manuel Martínez Godoy, presidente de Noia Histórica, danos todos os detalles da Feira do Comercio que vai principiar este serán en Noia e a que podedes acudir ó longo de toda a fin de semana. Sabemos tamén dos obxetivos prioritarios que ambiciona Noia Histórica e miramos con el ó momento polo que pasa o comercio local.

Tamén chamamos a meu curmán Pío para felicitalo polo seu quincuaxésimoepico cumpreanos e de paso saber de algunhas alladitas ben divertidas nun novo "Historias de Taxi".

E presentamos o novo tema dos muradáns Deleiva, chámase "Sin vuelta atrás".

Todo isto e mais no matinal de hoxe.