Tania Fuegho (concerto on-line hoxe, 20,30 h.)
play_arrow
24/03/2020

Tania Fuegho (concerto on-line hoxe, 20,30 h.)

Falamos hoxe con Tania Fuegho. A cantante mazaricana da hoxe un concerto on-line ás 20.30 horas desde o salón da súa casa desde onde respeta o confinamento a rajatabla, pero aproveitando para compoñer novo material, de feito regalanos no programa en primicia e en directo un anaquiño dunha nova canción.

Segue o personal a participar no festival de Casción Ligera española: Ramón de Camboño escáchalle un repichocazo que asinaría o mesmísimo Leonardo Dantés, e Basilio apúrranos unha jota aragonesa que emula ós míticos Nobleza Baturra. Comparado con este maxisínguel un escape radioactivo é un cacharro de Ambi-pur.

O Padre Eladio brila doutra volta con santoral e xeroglífico salmo.